Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/345-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Stas. Mariñas, 35.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: coa finalidade de alimentar electricamente a un edificio de nova construcción, en Santas Mariñas, nº 35, no concello de Santiago de Compostela, L.M.T.S., C.T. Stas. Mariñas, nº 35. Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,8 km, con orixe no C.T. Rúa Estrada, 43 (expediente 238/1996) conductor tipo R.H.V. e final na L.M.T.S. a C.T. Restollal (expediente 92/1994). Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña