Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/218-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Sestelo e Cía, S.A.

Domicilio social: r/ Gabino Bugallal 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. na rúa Trovador Xoán García, en Guillade.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 150 m de lonxitude, con conductor de 95 mm AL, desde o transformador situado na rúa Pedra da Auga ata o C.T. que se proxecta na rúa Trovador Xoán García, en Guillade, concello de Ponteareas. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-220/380 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 3 de xaneiro de 2001.

P.D. (Resolución 26-12-2000)

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra