Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.
Domicilio social: avda. Gabino Bugallal 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T. e C.T. na rúa Nova-edificio Roma.
Situación: Ponteareas.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, de 30 m de lonxitude, con conductor de 50 mm Al, desde o C.T. existente no edificio Otero Pedrayo ata o C.T. que se proxecta no edificio Roma, na rúa Nova, no concello de Ponteareas. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 22 de decembro de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra