Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se dá publicidade do resultado da adxudicación que se cita.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo.

c) Número de expediente: 00-05OR.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: execución das obras de construcción dun Auditorio-Palacio de Congresos en Ourense.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

Diario das Comunidades Europeas: 14 de outubro de 2000.

Boletín Oficial del Estado: nº 247, do 14 de outubro de 2000.

Diario Oficial de Galicia: nº 200, do 16 de outubro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: mil cento trinta e cinco millóns cincocentas oitenta e seis mil sesenta (1.135.586.060) pesetas (6.825.009,68 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 15 de decembro de 2000.

b) Contratista: Construcciones Paraño, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: mil trinta e un millóns seiscentas mil (1.031.600.000) pesetas (6.200.040,87 euros).

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda