Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.126

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, lista B, de conformidade co punto cuarto da Resolución do 27 de decembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 5, do 8 de xaneiro).

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública, dictou, con data do 6 de febreiro de 2001, resolucións estimatorias dos recursos formulados respectivamente por Susana Andía Sánchez e Miguel Pazos González, contra a Resolución do 27 de decembro de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo incluídos nas relacións de postos de traballo do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, de conformidade co punto cuarto da Resolución do 27 de decembro de 2000 (DOG nº 5, do 8 de xaneiro) lista B.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións dos interesados, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por

estas nas listas publicadas por Resolución do 27 de decembro de 2000, no sentido de que deben figurar na lista B para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes ó corpo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, cos datos seguintes:

Susana Andía Sánchez, DNI: 32.815.959, lista B, puntuación: 0,750 puntos, no posto número 82 para o ámbito D0000 e no posto número 67 para o ámbito D1500.

Miguel Pazos González, DNI: 33.280.137, lista B, puntuación: 1,150 puntos, no posto número 55 para o ámbito D0000, no posto número 49 para o ámbito D1500, no posto número 37 para o ámbito D2700, no posto número 33 para o ámbito D3200 e no posto número 40 para o ámbito D3600.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública