Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.115

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 15 de xaneiro de 2001 pola que se convocan as axudas correspondentes ás accións descentralizadas da segunda fase do programa Sócrates da Unión Europea: Comenius 1. Asociacións escolares transnacionais: 1.1 Proxectos escolares, 1.2 Proxectos lingüísticos, 1.3 Proxectos de desenvolvemento escolar. Acollida de axudantes lingüísticos. Comenius 2.2: bolsas individuais de formación: 2.2. A futuros profesores, 2.2.B. Axudantes lingüísticos, 2.2.c. Cursos de prácticas (formación continua do profesorado). Grundtvig 2. Asociacións de aprendizaxe e 3 Mobilidade para a formación do persoal docente. Observación e innovación: visitas de estudio Arión para responsables na toma de decisións en materia de educación.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG número 19, do venres 26 de xaneiro de 2001, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 1.025, no artigo 1º, onde di: «para o período de actividade comprendido entre o 1 de setembro de 2001 e o 31 de xullo de 2002», debe dicir: «para o período de actividade comprendido entre o 1 de xullo de 2001 e o 31 de xullo de 2002».

Na páxina 1.040, onde di: «ANEXO I», debe dicir: «ANEXO II».