1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Gober-
no. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.
2. Obxecto: a) Obxecto: execución das obras do proxecto. b) Prazo: dez meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria. Aberto. Poxa.
4. Orzamento da licitación: 78.619.385 pesetas, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.
5. Clasificación do contratista: grupo C. Subgrupo: todos. Categoría d.
6. Garantías: a) Provisional: 1.572.388 pesetas. b) Definitiva: 4% da adxudicación.
7. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación do Concello. Praza de España. Pontevedra 36701. Tlf./Fax: 986 80 43 00/986 86 01 02. b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.
8. Presentación das ofertas: a) Data límite: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. b) Documentación: cláusula 12ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello. En horario de 9 a 13 horas. d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.
9. Apertura das ofertas: será realizada pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.
10. Gastos: serán por conta do adxudicatario nos seguintes: a) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios. b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución da obra, incluído o IVE . c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa. d) Os gastos de dirección técnica das obras.
Pontevedra, 8 de xaneiro de 2001.
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral
Raimundo González Carballo
Tenente de alcalde delegado de Área