Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2001 Páx. 2.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COLES

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, do 6-2-2001, foron aprobados o prego de cláusulas económico-administrativas e o expediente que rexerán a contratación para as obras que se indican. Para tal fin anúnciase licitación para adxudica-lo contrato mediante tramitación urxente, procedemento aberto e forma de concurso, segundo o seguinte detalle:

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Coles, sito en Vilarchao, 32152 Coles. Teléfono 988 20 51 32. O expediente tramítase na secretaría, dependencia na que se pode obte-la documentación.

2. Obxecto do contrato, orzamento da licitación e prazo de execución.

Importe total, incluídos os honorarios da redacción do proxecto, dirección de obra, beneficio industrial, gastos xerais e IVE:

ObraOrzamentoClasificaciónPrazo

Act. natural do contorno do embarcadoiro de Ribela, 1ª F35.019.461Grupo

A G

Subg.

1 e 2

6

Categ.

C C

4 meses

Act. de lugares singulares do concello de Coles, 1ª fase14.726.496Non se esixe4 meses

3. Fianzas.

Provisional: 2% do orzamento.

Definitiva: 4% do orzamento.

4. Clasificación do contratista: a que figura no punto 2.

5. Presentación de proposicións.

Prazo: ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte a aquel no que apareza inserido o anuncio no DOG e no BOP de luns a venres, computándose o prazo a partir da última publicación.

Documentación para presentar: a que se sinala no punto IX do prego de cláusulas administrativas.

Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito en Vilarchao/Coles.

Prazo de vinculación da oferta: vinte días ou corenta no caso de baixa temeraria, como máximo, contado desde a apertura de proposicións.

Modelo de proposicións: figura no prego.

6. Apertura das ofertas: o día hábil seguinte (agás sábado) a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 18 horas.

7. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Coles, 6 de febreiro de 2001.

O alcalde

Rubricado