Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2001 Páx. 2.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 13 de setembro de 2000 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Ochoa.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Ochoa, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

A) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito con data do 11-7-2000, Mª Delfina Santamaría Bergueiro solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Ochoa.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, dicto a seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Mª Isabel Piñeiro Santamaría (35.432.082-F), da concesión administrativa da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Ochoa.

Localización: 86 Vilagarcía B.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 13-12-1967.

Remate da vixencia: 21-12-2007.

Actuais titulares: Mª Delfina Santamaría Bergueiro (35.332.526-H) e Manuel Piñeiro Vaamonde (35.332.865-N).

Nova titular: Mª Isabel Piñeiro Santamaría (35.432.082-F).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Os actuais titulares deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo,

reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 13 de setembro de 2000.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo