Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2001 Páx. 2.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2001 pola que se corrixen erros na do 2 de febreiro de 2001 pola que se convoca concurso para a contratación do servicio de mantemento de electrónica de comunicacións da Rede Corporativa da Xunta de Galicia.

Advertidos erros por omisión na antedita resolución, publicada no DOG número 28, do 8 de febreiro de 2001, cómpre realizar a oportuna corrección e por iso,

DISPOÑO:

Engadi-los puntos seguintes:

1. Clasificación empresarial: grupo III, subgrupo 7, categoría B.

2. Os prazos computaranse do mesmo xeito que figura na resolución que se corrixe e a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública