Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Ostrasa VI, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
A) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito con data do 11-9-2000, Manuel Fuentes Dourado solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Ostrasa VI.
Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
B) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, dicto a seguinte resolución:
Autoriza-la transmisión mortis causa, a favor de Lourdes Dourado Teijeiro (33.075.018) e Manuel Fuentes Dourado (76.509.617-W), da concesión administrativa da batea que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Ostrasa VI.
Localización: 197 Vilagarcía A.
Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 7-6-1979.
Remate da vixencia: 28-7-2009.
Antigos titulares: Manuel Fuentes Neira (33.075.182-D) e Lourdes Dourado Teijeiro (33.075.018).
Novos titulares: Lourdes Dourado Teijeiro (33.075.018) e Manuel Fuentes Dourado (76.509.617-W).
Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores.
Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común
e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 17 de outubro de 2000.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Pontevedra