Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 1.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/310-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C. distribución Frioteis-avda. de Galicia.

Situación: Vigo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 95 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.D. Talleres Moncho ata o centro de distribución que se proxecta en Frioteis, na avda. de Galicia, no concello de Vigo. Centro de distribución con tres celas de liña CML-SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 29 de decembro de 2000.

P.D. (Resolución 26-12-2000)

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra