Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 14 de febreiro de 2001 Páx. 1.984

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do escrito da acta de axuste do calendario anual do sector da construcción de Ourense para o ano 2001.

Visto o escrito da acta de axuste do calendario do sector da construcción de Ourense para o ano 2001 (ódigo de convenio 3200155), con entrada nesta delegación provincial subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense e, da parte social, por MCA-UGT, FECOMA-CC.OO. e FCM-CIG, o día 27-12-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial e notificacións ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 16 de xaneiro de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

MCA-UGT:

Javier Carreiro Vázquez.

Delmiro Pérez Somoza.

FECOMA-CC.OO.:

José Gómez Gómez.

FCM-CIG:

Anxo Pérez Carballo.

Xan Losada González.

Luis Iglesias Blanco.

Guillermo Guede González.

Ánxel Lorenzo Lloves.

Luis Vázquez González.

ACO:

Sara González Jacome.

Carlos Fernández Alonso.

Manuel Novoa Velo.

Cesáreo Fernández Ríos.

En Ourense, sendo as 20 horas do día mércores 27 de decembro de 2000, reúnense nos locais da

Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense (ACO) os á marxe indicados, previamente convocados para o efecto, partes lexitimadas para asinar convenios ou acordos sectoriais da construcción de ámbito provincial. Preside a reunión Anxo Pérez Carballo, nomeándose secretario a Cesáreo Fernández Ríos.

Como único punto da orde do día trátase o tema da xornada laboral anual para o próximo ano 2001, e adóptanse os seguintes acordos, logo de deliberación, posterior debate e votación:

Primeiro.-As partes lexitimadas para negocia-lo convenio provincial do sector da construcción da provincia de Ourense fixan como días non laborables para axuste do calendario anual do sector da construcción para o ano 2001, os seguintes:

26 de febreiro (luns de entroido), 30 de abril, 17 de 18 de maio, 2 de novembro, 7, 24 e 31 de decembro, e 4 horas correspondentes á xornada de tarde do día 21 de decembro.

Estas datas poderán permutarse por outras diferentes, logo de acordo entre empresa e traballador.

Cando un festivo local coincida con algún día non laborable de convenio, este pasarase ó anterior ou posterior día laboral.

Estes días así establecidos non computarán para os efectos do desfrute das vacacións.

Este acordo apróbase por unanimidade.

Segundo.-Por unanimidade facúltase a Cesáreo Fernández Ríos para presentar esta acta ante a delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para o seu rexistro, inscrición, depósito e publicación.

E non habendo máis asuntos que tratar levántase a sesión, logo de lectura e aprobación para unanimidade desta acta, sendo as 21-45 horas do día da data, asinando por septuplicado, e para un único efecto.