Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2001 Páx. 1.945

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Carniceros de Cambados.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Carniceros de Cambados, que abranguen os seguintes ámbitos:

-Territorial: comarcal.

-Profesional: fomentar e mellora-lo sector cárnico. Controla-la calidade. Eleva-lo nivel productivo e rendibilidade das explotacións cárnicas.

Asinan a acta de constitución: Laureano Oubiña Álvarez e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 21 de decembro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra