Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2001 Páx. 1.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 311/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Dis

tribución, S.A. con domicilio na avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

A liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 257 m de lonxitude, coa orixe no apoio para paso aéro subterráneo, que se instalará na liña que alimenta o C.T. Regueira (expediente 51764), e final no C.T. Regueira-Barreiro, que se instalará. Centro de transformación, en caseta prefabricada, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Regueira-Barreiro, do que parte rede subterránea de baixa tensión, baixo tubo e con conductor R.V. que se conecta a rede existente. Co fin de dotar de subministración eléctrica a naves industriais de nova construcción, no lugar de Regueira-Barreiro, así como a futura conexión da rede de baixa tensión existente na zona. No termo municipal de Pontedeume. (Expediente 311/2000).

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta Delegación Provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación; e así, dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 29 de decembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 311/2000.Provincia: A Coruña.

L.M.T.S, C.T.C, R.B.T. Regueira-Barreiro.Concello: Pontedeume.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

Zanxa

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezomlm

1RegueiraAparcadoiroRpta. Juan Antonio Trigo Andio

Invernaderos Trigo, S.A.

Andrade-Campolongo, s/n

15614 Pontedeume

4567,5