Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2001 Páx. 1.889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público, mediante procedemento aberto e tramitación urxente e anticipada, para a contratación de varios servicios en diversos centros dependentes desta delegación.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-los seguintes concursos:

1. Entidade adxudicadora: Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

2. Obxecto da contratación:

-Expediente 7/2001: servicio de seguridade e vixilancia do Centro de Atención a Minsuválidos Psíquicos de Redondela:

a) Orzamento base de licitación: 7.138.000 pesetas anuais (sete millóns cento trinta e oito mil pesetas). 594.833 pesetas ó mes.

b) Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 2001.

-Expediente 8/2001: servicio de mantemento de instalacións do Centro de Atención a Minsuválidos Psíquicos de Redondela:

a) Orzamento base de licitación: 2.350.000 pesetas anuais (dous millóns trescentas cincuenta mil pesetas). 195.833 pesetas ó mes.

b) Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 2001.

-Expediente 11/2001: servicio de transporte dos usuarios do Centro Ocupacional O Saiar:

a) Orzamento base de licitación: 8.600.000 pesetas anuais (oito millóns seiscentas mil pesetas). 40.566 pesetas por día de servicio.

b) Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente e anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Garantía provisional: non se esixe.

5. Obtención de documentación e información: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán ser examinados na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra (avda. de Vigo 16, 36080 Pontevedra) ou nas súas dependencias en Vigo (rúa Cánovas del Castillo, s/n, 36202 Vigo) teléfono: 986 81 72 00, fax: 986 81 72 01), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 10 horas ás 14 horas, en días hábiles agás sábados. Páxina web: www.sergas.es. Correo electrónico: Maria Eugenia Costas Davila/SA/Xunta*Xunta.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) A solvencia económica, financeira e técnica acreditarase por calquera dos medios previstos nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do décimo día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: efectuarase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, en sobres pechados, das 9 ás 14 horas, ou ben por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas ó servicio.

8. Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra en Vigo. Se coincidise sábado ou festivo, terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

9. Gastos do anuncio: serán por conta das empresas adxudicatarias.

Vigo, 30 de xaneiro de 2001.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra