Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2001 Páx. 1.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Rioboo para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 075-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Rioboo coas seguintes características:

Peticionario: Eurovento, S.L., rúa Varsovia, 4-C 5ª planta. 15707 Santiago de Compostela.

Situación: concellos de Viveiro, Xove e O Valadouro (Lugo).

Posición (coordenadas poligonais en unidades U.T.M.).

V(0.623.000,00; 4.831.000,00), V(0.620.000,00; 4.831.000,00).

V(0.620.000,00; 4.828.800,00), V(0.619.500,00; 4.828.800,00).

v(0.619.500,00; 4.827.100,00), V(0.622.000,00; 4.827.100,00).

V(0.622.000,00; 4.828.800,00), V(0.623.000,00; 4.828.800,00).

Superficie afectada: 1.085 ha.

Potencia bruta: 23,4 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 30 de xaneiro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo