Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2001 Páx. 1.882

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se realiza a publicidade do acordo do 10 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para extracción de areas do aproveitamento da sección A) da vixente Lei de minas, denominado Penas de Fonfría.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1992, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro) de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo

RESOLVE:

Dar publicidade mediante a presente publicación, ó acordo de 10 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para extracción de areas do aproveitamento de recursos da sección A) da vixente Lei de minas, denominado Penas de Fonfría, sita en terreos do concello de Vilalba, provincia de Lugo, promovido por Juan José Guerrero Vázquez.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 28.694 m, da parcela nº 482 do polígono 162 de Vilalba (lugar Monterrei-Ladra), da cal a designación puntual en coordenadas UTM sería x=609.200, y=4.785.900, aproximadamente. Foi incorporada ó expediente do citado aproveitamento e encóntrase ó dispor de calquera interesado nesta delegación provincial.

Lugo, 19 de decembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo