Obxecto: convenio con compañías ou empresas de teatro galegas de carácter profesional para a producción e /ou distribución de espectáculos teatrais.
Orzamento: cen millóns de pesetas (100.000.000 de pesetas).
Prazo de execución: ata o 30 de abril de 2002.
As bases da convocatoria e as condicións técnicas particulares, así como o modelo de proposición, poderán ser examinados e/ou solicitado o seu envío por correo na sede administrativa do IGAEM, (Pavillón de Galicia, San Lázaro, apartado de correos 150, Santiago de Compostela).
A presentación de proposicións efectuaranse no rexistro xeral do IGAEM (Pavillón de Galicia, San Lázaro, Santiago de Compostela), en dous sobres pechados e axustándose ó modelo que se une como anexo ás bases, por calquera dos procedementos previstos no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.
Nos quince días seguintes ó remate do prazo, a mesa de contratación designada para o efecto abrirá os sobres A e decidirá qué compañías reúnen os requisitos de profesionalidade esixidos para participar nesta convocatoria de convenios. Posteriormente, unha comisión de valoración, formada por un presidente e catro vocais designados polo Consello Rector do IGAEM e elixidos entre persoas de recoñecido prestixio do mundo da cultura e das artes escénicas, na que actuará como secretario unha persoa do cadro de persoal do IGAEM, estudiará as proposicións e elevará ó Consello Rector a relación de compañías coas que, de acordo cos criterios de selección, este instituto procederá a establecer convenios de producción e/ou distribución.
O Consello Rector formulará a correspondente proposta de convenios que comprenderá tanto os proxectos seleccionados como as cantidades económicas obxecto de cada convenio.
As empresas seleccionadas disporán dun prazo dun mes para formaliza-lo convenio ou para manifesta-la súa renuncia a el.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2001.
Aníbal Otero Fernández
Xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas
e Musicais