Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO de delimitación do polígono C-21.

A Alcaldía, por Decreto do 30-1-2001, aprobou inicialmente o proxecto de delimitación do polígono C-21 dentro da área de reparto nº 21 do PXOM de Verín, por instancia dos irmáns Moreno Romero.

En cumprimento do que dispón o artigo 121 da Lei do solo de Galicia, faise público para os efectos de que os interesados poidan consulta-lo expediente na secretaría do concello durante o prazo de vinte días hábiles, que se contarán desde a publicación deste anuncio no DOG.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, esta publicación substituirá a notificación dos interesados que sexan descoñecidos, dos que se ignore o lugar da notificación, ou ben, logo de intenta-la notificación, non se puidese practicar.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde