Vistos os expedientes instruídos para efectos de transmisión das bateas Juan I e P.O. III e das concesións administrativas que os amparan, resulta:
A) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escritos con data do 7-9-2000, Juan Vázquez Cores solicitou autorización para a transmisión das concesións das bateas Juan I e P.O. III.
Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características das bateas e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación dos expedientes son favorables.
B) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-los expedientes de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Segundo.-Os expedientes seguiron tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo
común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, dicto a seguinte resolución:
Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Mexiloeiras Juan, S.L. (B-36.340.339), das concesións administrativas das bateas que se indican a continuación e das que son titulares na actualidade Juan Vázquez Cores (32.574.587D) e Mª Dolores Vázquez Patón (35.412.618R).
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Juan I.
Localización: 2 Cambados A.
Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 23-11-1970.
Remate da vixencia: 12-12-2010.
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: P.O. III.
Localización: 129 O Grove G.
Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de otorgamento: 16-6-1975.
Remate da vixencia: 13-3-2006.
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen achega-la documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo da comunicación por parte da consellería.
Terceira.-Os novos titulares das concesións queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de
reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 9 de outubro de 2000.
P.D. (Orde 14-6-1999; DOG nº 120, do 24 de xuño)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo