Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Sierra del Páramo, para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 081-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Sierra del Páramo, coas seguintes características:

Peticionario: Virandel, S.L., rúa José Cornide, 1, 15005 A Coruña.

Situación: concellos de Sarria, O Páramo e Paradela (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.617.130,00; 4.740.245,00), V(0.626.355,00; 4.744.885,00)

V(0.627.225,00; 4.740.805,00), V(0.622.630,00; 4.737.820,00)

V(0.617.130,00; 4.737.820,00).

Superficie afectada: 4.128,6 ha.

Potencia bruta: 25 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decre

to 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 30 de xaneiro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo