Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/335-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: anexo I de L.M.T.S., C.T. urb. Os Castros do Bosque.

Situación: Cambre.

Características técnicas: L.M.T.S. a 15/20 kV de 423 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV de 240 mm Al, que parte do apoio 6 da L.M.T. aérea Pedrido-Cambre, pasando polo C.T. prefabricado de Quintán, e final no apoio nº 7 da L.M.T. Pedrido-Cambre, C.T. prefabricado de 400 kVA de Quintán, urbanización Os Castros do Bosque. Cambre.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña