Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Pedrouzos-Grupo escolar.
Situación: Brión.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 550 m de lonxitude, con orixe no C.T. Pedrouzos-Buratiña e final no C.T. Pedrouzos-Grupo escolar que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en urbanización de Pedrouzos-Brión.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 28 de decembro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña