Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.792

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas en varios recursos interpostos contra o pacto asinado o 13 de xullo de 2000 sobre criterios de incorporación e cesamento regulamentarios de persoal sanitario non facultativo e non sanitario.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítanse os seguintes recursos, interpostos contra o pacto asinado o 13 de xullo de 2000 no marco da Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Sanitario (DOG nº 161, do 21 de agosto), sobre criterios de incorporación e cesamentos regulamentarios do persoal sanitario non facultativo e non sanitario nas prazas das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde que resulten dos procesos de selección e provisión e demais incorporacións de persoal fixo que se produzan por calquera outra causa: 1/1233/2000 (recorrentes: Juan José Piñeiro de la Torre e outros); 1/1234/2000 (Rosario Vieites García e outra); 1/1235/2000 (Manuela Barreiro Busto); 1/1236/2000 (Aurea Piñeiro Otero e outros); 1/1237/2000 (Ruth Otero Vilar e outra);1/1238/2000 (Olga María Queiruga Maneiro e outros); 1/1239/2000 (Luis Amoza Botana e outro); 1/1240/2000 (Emilia Lamas Seoane e outra); 1/1241/2000 (María Luisa Carregal da Costa e

outros); 1/1242/2000 (Ana Beatriz Gil González e outro); 1/1243/2000 (Pilar Bravo Mosquera); 1/1244/2000 (Darío Salteiro Guerra e outros).

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer na sala como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos