Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.750

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 21 de novembro de 2000, no que se outorga a concesión definitiva de catro emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día 21 de novembro de 2000, relativo á adxudicación definitiva de catro emisoras en ondas métricas con modulación de frecuencia, resulta necesario darlle publicidade ó mencionado acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 281/1997, do 9 de outubro, polo que se aproba o procedemento de contratación da xestión indirecta do servicio de radiodifusión sonora en FM de carácter comercial; no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, e de acordo coa Orde do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo), que abre o prazo de presentación de solicitudes de emisoras de FM para a súa explotación polas corporacións locais. En consecuencia,

RESOLVO:

Ordena-la publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado en reunión do 21 de novembro de 2000, polo que se lles adxudica definitivamente o servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia ós concellos de Corcubión (A Coruña) e O Porriño (Pontevedra) e á sociedade Radio Popular, S.A. COPE para as localidades da Coruña e Pontevedra, coas características técnicas que figuran no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2001.

Rosanna López Salgueiro

Directora xeral de Comunicación

Social e Audiovisual

ANEXO

O Consello da Xunta de Galicia, en reunión do día 21 de novembro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aproba-la concesión definitiva do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia correspondente ás corporacións locais de Corcubión e O Porriño e á sociedade Radio Popular, S.A. COPE para as localidades da Coruña e Pontevedra, de acordo cos datos técnicos que figuran no anexo que se xunta.

As frecuencias asignadas quedan condicionadas, de se-lo caso, ó trámite de coordinación internacional.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo adoptará as medidas necesarias para a execución deste acordo, conforme as funcións que lle atribúe o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

As características técnicas que se asignan ás mencionadas emisoras son as seguintes:

a) Emisoras municipais.

Provincia: C.

Concello: Corcubión.

Frecuencia (Mhz): 107.8

Coordenadas: 09º11'21''W

42º56'40''N

Cota (m): 20.

Denominación da emisión: 256KF8EHF.

Potencia radiada aparente máxima (w): 50.

Potencia máxima nominal do equipo transmisor (w): 80.

Potencia de saída autorizada do equipo transmisor (w): 60.

Sistema radiante: 1 dipolo, omnidireccional.

Altura sobre o chan do centro eléctrico da antena (m): 17.

Altura da antena sobre o chan: 17.

Altura efectiva máxima (m): 36.

Polarización: circular.

Provincia: PO.

Concello: O Porriño.

Frecuencia (Mhz): 90.9.

Coordenadas: 08º37'54''W

42º09'11''N

Cota (m): 40.

Denominación da emisión: 256KF8EHF.

Potencia radiada aparente máxima (w): 150

Potencia máxima nominal do equipo transmisor (w): 100.

Potencia de saída autorizada do equipo transmisor (w): 100.

Sistema radiante: 2 dipolos, omnidireccional.

Altura sobre o chan do centro eléctrico da antena (m): 20.

Altura da antena sobre o chan: 22.

Altura efectiva máxima (m): 35.

Polarización: circular.

b) Emisoras comerciais.

Provincia: PO.

Localidade: Pontevedra.

Concesionario: Radio Popular, S.A. COPE.

Frecuencia (Mhz): 106.4.

Coordenadas: 08º41'41''W

42º28'05''N.

Cota (m): 613.

Denominación de la emisión: 256KF8EHF.

Potencia radiada aparente máxima (w): 4.000.

Potencia máxima nominal do equipo transmisor (w): 2.000.

Potencia de saída autorizada do equipo transmisor (w): 1.028.

Sistema radiante: 6 dipolos, omnidireccional.

Altura sobre o chan do centro eléctrico da antena (m): 57.

Altura da antena sobre o chan: 60.

Altura efectiva máxima (m): 628.

Polarización: vertical.

Provincia: C.

Localidade: A Coruña.

Concesionario: Radio Popular, S.A. COPE.

Frecuencia (Mhz): 96.9.

Coordenadas: 08º24'19''W

43º13'50''N.

Cota (m): 527.

Denominación da emisión: 256KF8EHF.

Potencia radiada aparente máxima (w): 8.000; -3 db no sector (315º-045º).

Potencia máxima nominal do equipo transmisor (w): 1.000.

Potencia de saída autorizada do equipo transmisor (w): 293.

Sistema radiante: 4 dipolos, directividade no sector (315º-045º).

Altura sobre o chan do centro eléctrico da antena (m): 15.

Altura da antena sobre o chan: 35.

Altura efectiva máxima (m): 498.

Polarización: vertical.