Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 11 de xaneiro de 2001, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-00546-O-2000 e tres máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de

marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, dispoñen dun prazo de quince días para o seu pagamento en voluntaria, facendo efectiva a multa mediante ingreso a favor do Tesouro da Facenda galega, conta de recadación de multas e sancións, nº 1302 6000 08 13.763.620, da Caixa Postal de Aforros.

Transcorrido este prazo, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro (BOE nº 12).

E para que conste e sirva de notificación ós denunciados/as de enderezos descoñecidos e en cumpri

mento do disposto no artigo 59.4º da citada lei, expido, asino e selo a presente cédula na Coruña, 11 de xaneiro de 2001.

Gonzalo López González

Instructor xefe do Servicio Provincial

de Transportes da Coruña

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00546-O-2000

C-1043-Y

G.C. Tráfico

Instalaciones J. Barreiro, S.L.

Xuncal Sigueiro, 16

15688 Oroso (A Coruña)

Circular transportando material de fontanería desde A Sionlla a Sigüeiro, portando a tarxeta de transporte caducada 31-12-1999

30-3-2000; 12.11; N-550; 53

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/199015.000 pesetas
XC-00752-O-2000

C-9024-CF

G.C. Tráfico

María Amabilia Rodríguez Parga

Otero Pedraio, 3-3º A

15704 Santiago de Compostela (A Coruña)

Circular cun furgón transportando peixe fresco desde Ribeira a Vigo, carecendo de tarxeta de transporte.

16-5-2000; 1.50; VR-G11; 11

Artigo 199.b) do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/19905.000 pesetas
XC-00877-O-2000

C-1035-AV

G.C. Tráfico

José Manuel Cambón Fieira, S.A.

Gran Vía, 102

15100 Carballo (A Coruña)

Realizar transporte privado complementario con tarxeta de transporte caducada de data 31-12-1999. Transporta paquetería.

16-5-2000; 18.33; AC-431; 14,600

Artigo 199.b) do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/19905.000 pesetas
XC-00913-O-2000

C-1232-AK

G.C. Tráfico

Candaira Coruña IVR, S.L.

Urbanización Casablanca, 3 B

15006 A Coruña

Circular efectuando un transporte de terra desde O Burgo a Guísamo, carecendo dos distintivos que acreditan a tarxeta que posúe.

8-6-2000; 10.25; N-VI; 581,700

O.M. 25 de outubro de 1990Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/199015.000 pesetas