De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Pena Ventosa, coas seguintes características:
Peticionario: Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., rúa do Castiñeiriño 12-3º, 15702 Santiago de Compostela.
Situación: concellos de Viveiro, Ourol e O Vicedo (Lugo).
Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):
PS1 606.000 4.836.000
PS2 609.000 4.836.000
PS3 610.000 4.833.000
PS4 608.500 4.829.000
PS5 605.000 4.825.500
PS6 604.000 4.825.500
PS7 603.250 4.830.500
PS8 604.500 4.833.000
PS9 606.000 4.834.000
Superficie afectada: 4.406 ha.
Potencia bruta: 49,5 MW.
As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.
Lugo, 29 de xaneiro de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo