Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2001 Páx. 1.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Penas Altas para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 080-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Penas Altas, coas seguintes características:

Peticionario: Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., rúa do Castiñeiriño 12-3º, 15702 Santiago de Compostela.

Situación: concellos de Paradela, Bóveda e O Saviñao (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

PS1612.9004.735.800

PS2615.0004.731.150

PS3621.0004.726.000

PS4621.0004.721.000

PS5620.4004.720.900

PS6612.4004.730.600

PS7612.0004.734.000

Superficie afectada: 1.832 ha.

Potencia bruta: 49,5 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 29 de xaneiro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo