Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.. Vía Copérnico.
Situación: Santiago de Compostela.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al de 30 m de lonxitude, con orixe na liña derivada que alimenta o C.T. polígono do Tambre 3 e final en Vía Copérnico, que se vai instalar. Centro de transformación, en caseta prefabricada, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV na Vía Copérnico do polígono do Tambre. Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 28 de decembro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña