Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T.S. Rafael Bárez.
Situación: Narón.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 470 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte da L.M.T. subterránea a C.T.C. Rafael Bárez e final no C.T. prefabricado na r/ Rafael Bárez de 400 kVA e acoplamento a B.T., concello de Narón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 26 de decembro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña