Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2001 Páx. 1.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa para a distribución de gas propano canalizado na poboación de Monterroso, provincia de Lugo. (Expediente 00/17-0-G).

Para os efectos previstos no artigo 73º da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos e no artigo 11º do Regulamento xeral de servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Repsol Butano, S.A. con enderezo na praza da Palloza nº 3, 2º, A Coruña.

Obxecto da petición: autorización administrativa para a distribución de gas propano canalizado na poboación de Monterroso, provincia de Lugo, de conformidade co proxecto presentado para o efecto.

Descrición das instalacións:

-Centro de almacenamento, composto por dous depósitos para GLP, aéreos, de 33 m de capacidade unitaria, dotado de equipo de vaporización, regulación e transvase, así como instalacións auxiliares de electricidade e protección contra incendios.

-Rede de distribución en MPB en encanamento de polietileno coas súas correspondentes válvulas de seccionamento que, fóra do centro de almacenamento, discorrerá soterrada por zonas públicas e disporá das acometidas necesarias para dar servicio

ós distintos edificios. Calcularase tanto para GLP coma para gas natural. A lonxitude total do encanamento é de 6.422 m, con diámetros de 90, 63 e 40 mm.

Área de autorización: a solicitude de autorización administrativa afecta á poboación de Monterroso, na provincia de Lugo.

Orzamento: noventa e catro millóns novecentas sesenta e tres mil trescentas setenta pesetas (94.963.370 pesetas).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examina-lo proxecto de autorización administrativa na Dirección Xeral de Industria, edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, así como na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, en Lugo.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria