Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público 10/2000, servicio de recepción, almacenaxe, traslado e distribución de productos e mercadorías con destino ás distintas unidades situadas nos centros sanitarios deste complexo hospitalario.

Convocado o concurso público 10/2000 para a contratación do servicio de recepción, almacenaxe, traslado e distribución de productos e mercadorías con destino ás distintas unidades situadas nos centros sanitarios do Complexo Hospitalario de Ourense, e á vista das actuacións practicadas de conformidade coa lexislación vixente, esta xerencia xeral, en virtude das atribucións delegadas pola Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, modificada pola do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), resolve facer pública a adxudicación do concurso de servicios que se cita:

1. Nome e enderezo do órgano de contratación: Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, nº 52, 32005 Ourense.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3. Categoría do servicio e descrición: contratación do servicio de recepción, almacenaxe, traslado e distribución de productos e mercadorías con destino ás distintas unidades situadas nos centros sanitarios do Complexo Hospitalario de Ourense.

4. Data de adxudicación do contrato: 18 de decembro de 2000.

5. Criterios de adxudicación: características funcionais: 5 puntos; relación prezo/calidade do servicio: 3 puntos; diminución do importe previsto de investimento e a súa amortización: 2 puntos.

6. Número de ofertas recibidas: 2.

7. Nome e enderezo do prestador do servicio.

Severiano Gestión, S.L. (NIF: B-27.010.651).

La Balsa, s/n, 15320 As Pontes (A Coruña).

Prezo: 82.709.718 pesetas (497.095,42 euros), IVE incluído.

Período de execución do contrato: 2 anos.

8. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial das Comunidades Europeas: 10 de agosto de 2000.

9. Data de publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial del Estado: 21 de agosto de 2000.

10. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 23 de agosto de 2000.

11. Data de envío do anuncio: 16 de xaneiro de 2001.

12. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Ourense, 3 de xaneiro de 2001.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense