Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2001 pola que se nomea persoal laboral fixo do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable na categoría de encargado de reprografía.

De conformidade co establecido na cláusula 7.3 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do CIXTEC de encargado de reprografía, convocada por Resolución do 28 de xullo de 2000, e visto o cumprimento dos requisitos esixidos na devandita convocatoria:

Primeiro.-Noméase persoal laboral fixo do CIXTEC, na categoría de encargado de reprografía, grupo III, o aspirante aprobado que se relaciona no anexo.

Segundo.-As persoas ás que se refire o anexo deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo de 1 mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpor recurso de reposición potestativo no prazo de 1 mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ante o mesmo órgano que dicta o acto e, ademais, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo no prazo de 2 meses.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2001.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO I

Persoal laboral fixo do CIXTEC, categoría de encargado de reprografía:

Nome e apelidos: José Manuel Pérez Rey.

DNI: 52.470.989-P.

Grupo: III.

Categoría: 32.

Denominación: encargado de reprografía.

Localidade: Santiago de Compostela.