Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 2001 Páx. 1.480

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 5 de xaneiro de 2001 da convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo para a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa da seguinte praza:

a) Posto: profesor de prácticas de cociña (ref. COC-0101).

1. Funcións principais: sempre baixo a supervisión do responsable do departamento, colaborar no deseño das materias relacionadas coa formación en cociña (incluíndo elaboración do material, impartición de clases e avaliación de alumnos), así como coordina-la formación coa xestión dos puntos de venda do CSHG.

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-Titulación oficial ou específica na área.

-Experiencia docente.

-Experiencia profesional na área de 18 meses, dos que un mínimo de 6 serán como 2º de cociña (ou posto superior).

4. Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos da área.

-Coñecementos de inglés e/ou francés.

-Aptitude docente.

-Ofimática.

-Capacidade de integración en grupos de traballo.

5. Probas que se realizarán:

-Exame eliminatorio de coñecementos da área (ver temario anexo).

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Proba práctica de Microsoft Word 2000.

-Proba escrita e oral de inglés e/ou francés.

-Entrevista persoal.

-Cuestionario de personalidade.

b) Documentación que se presentará:

-Solicitude indicando a referencia, dirixida ó director do CSGH (A Barcia. Estrada Santiago de Compostela-Noia, km 3. Apartado 578. 15896 Santiago de Compostela).

-Currículo.

-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos no C.V. Os títulos oficiais obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España, se procedese.

-Certificación académica que indique as cualificacións obtidas na titulación requirida e o número de convocatorias por materia.

c) Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

d) Selección:

-Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado publicará as listas previas de admitidos e excluidos.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2001.

Heriberto Verdes Vilaseca

Director xerente de Turgalicia, S.A.