Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 2001 Páx. 1.473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 8/1999).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 136), sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

Enderezo: r/ Betanzos, 1-1º I, 15004 A Coruña.

Denominación: parque eólico do Vilán.

Concellos afectados: Camariñas.

Coordenadas:

A: (X=482.500; Y=4.779.000)

B: (X=486.000; Y=4.779.000)

C: (X=486.000; Y=4.777.000)

D: (X=485.000; Y=4.777.000)

E: (X=483.000; Y=4.776.500)

Potencia que se vai instalar: 20,8 MW.

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña