Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2001 pola que se anuncia concurso para a contratación das obras de urbanización das vías provinciais do Concello de Cambados.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da referida obra por importe de 30.000.000 de pesetas.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 10.30 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 25 de xaneiro de 2001.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado