Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, dos servicios de vixilancia do museo municipal de Vigo Quiñones de León.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Cultura. Expediente 6478/51.

2. Obxecto do contrato: descrición: prestación do servicio de vixilancia do museo municipal Quiñones de León, con vixilantes de seguridade sen arma. Tamén será obxecto do contrato a conexión do sistema de seguridade electrónica e anti-incendios á central de alarmas da empresa e servicio ó que se adxudique.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo do contrato: dous anos, que se poderá prorrogar por períodos anuais ata un máximo de dúas prórrogas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 12.000.000 de pesetas/ano (72.121,45 euros).

O prezo/hora máximo establécese na cantidade de 2000 pesetas (12,02 euros/hora).

5. Garantías: provisionais: dispénsase a súa presentación.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día no que remata o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos arts. 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio. Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustaráse á cláusula 10 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 7 de decembro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde