Convocada pola Orde do 6 de outubro de 2000 (DOG nº 208, do 26 de outubro), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,
DISPÓN:
Primeiro.-Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, anunciada pola Orde do 6 de outubro de 2000 (DOG nº 208, do 26 de outubro).
Segundo.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó persoal que se relaciona no anexo a esta orde.
Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2001.
José Mª Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO
Apelidos e nome: Castro Barreiro, Carlos Alberto.
NRP: 3604536568 L1451FO102.
Grupo: II.
Nivel C.D.: 25.
Corpo ou clase: laboral fixo da Xunta de Galicia.
Posto de traballo: director-administrador da Residencia da 3ª idade.
Dependencia: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
Localidade: Campolongo (Pontevedra).