Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.318

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 22 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se actualizan os anexos V, VI e VII da Orde do 30 de xuño de 1992, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servicios administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación, así como os anexos I e II da orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 1, o día 2 de xaneiro de 2001, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 6, no punto 31.14.07 onde di: «segundo o disposto no artigo 4.2º da orde de 2000, pola que se regula a autorización de centros», debe dicir: «segundo a normativa vixente en materia de autorización de centros».