Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do estudio de detalle no cuarteirón 36 do PEEC (García Barbón, 24-32). (Expediente 6205/411).

O Consello da Xerenica Municipal de Urbanismo, en sesión do día 11 de xaneiro de 2001, acordou aprobar inicialmente a modificación do estudio de detalle no cuarteirón 36 do PEEC, García Barbón, 24-32, aprobado definitivamente o 30 de xuño de 1994, segundo a documentación presentada por José Ramón Iglesias e outros, redactada polos arquitectos Mª José Maldonado Tornero e Alberto Iglesias Álvarez, visada o 2 de abril de 2000.

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, a través de publicación no Diario Oficial de Galicia nun dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente atópase ó dispor do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos aqueles propietarios ou interesados directamente afectados que por resultar descoñecido ou ignorado o seu domicilio non poidan ser notificados persoalmente.

Fíxese no taboleiro da Xerencia Municipal de Urbanismo.

Vigo, 23 de xaneiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo