Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación da reclasificación da explotación de recursos da sección A) denominada Ventoxo, número 198, no concello de Forcarei (provincia de Pontevedra), por parte de Aglomerados del Noroeste, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Aglomerados del Noroeste, S.L., con domicilio en Montesequeiros, Barro, Pontevedra, de conformidade co Real decreto 10//1995, do 27 de xaneiro, polo que

se fixan criterios de valoración para configura-la sección A) da Lei de minas, presentou nesta delegación, o día 7-3-2000, instancia-solicitude de reclasificación da explotación de recursos da sección A), denominada Ventoxo nº 198, como explotación de recursos da sección C) da Lei de minas 22/1973, do 21 de xullo, abarcando unha superficie de 4 cuadrículas mineiras, as cales se sitúan no termo municipal de Forcarei da provincia de Pontevedra.

A designación das catro cuadrículas mineiras que comprende a solicitude é a seguinte:

VérticeLatitudeLonxitude

142º 32' 40''8º 20' 00''

242º 32' 40''8º 19' 20''

342º 32' 00''8º 19' 20''

442º 32' 00''8º 20' 00''

O que se fai público, para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado este prazo, non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 24 de xaneiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra