Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/197-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: apartado 28, 36280 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. rúa Rafael Tilve-edificio Wenceslao Lemos.

Situación: concello de Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T. a 15/20 kV, soterrada, con conductor tipo R.H.V. de 285 m de lonxitude, desde o apoio nº 6 da L.M.T. circunvalación Salceda ó C.T. proxectado. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15/20 kV-230/420 V, na rúa Rafael Tilve-edificio Wenceslao Lemos, no concello de Salceda de Caselas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran

nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 14 de decembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra