Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2001 pola que se convoca concurso público aberto, de tramitación ordinaria, para a contratación dunha asistencia técnica para a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, adscrita á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión.

c) Nº de referencia: 2001-04-01.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: o obxecto da asistencia técnica solicitada é a análise, o deseño, a codificación, a implementación, o mantemento e/ou a instalación, a configuración e a administración de todos aqueles elementos e/ou instalacións hardware e/ou software para a explotación en monoposto ou en rede que se requiran na xestión interna da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

b) Prazo de execución: o traballo realizarase entre o 1 de marzo do ano 2001 e o 28 de febreiro do ano 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: o orzamento máximo autorizado ascende a once millóns seiscentas mil pesetas (11.600.000) dos que nove millóns seiscentas sesenta e seis mil seiscentas sesenta e sete pesetas (9.666.667) corresponden á anualidade do ano 2001 e un millón novecentas trinta e tres mil trescentas trinta e tres pesetas (1.933.333) á anualidade do ano 2002.

5. Garantía provisional:

A garantía provisional, por un importe equivalente ó 2% do orzamento de licitación, ascende a duascentas trinta e dúas mil pesetas (232.000).

Obtención de documentación e información: poderán retirala no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, Rúa dos Feáns nº 7, 15706 Santiago de Compostela; teléfonos: 981 54 10 87/54 10 88.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento das 9 ás 14 horas, ou ben na forma prevista no TRLCAAPP.

9. Apertura de ofertas:

Realizarase o décimo primeiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de pro

posicións, ás 12 horas, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento; no caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe deste anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2001.

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento