Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2001 Páx. 1.232

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO de convocatoria dun posto de traballo.

O Instituto Galego de Medicina Técnica anuncia a convocatoria pública do seguinte posto vacante, de acordo ás seguintes bases:

1 técnico junior (contabilidade). Ref.: 01-02.

Titulación: licenciado/a en ciencias económicas ou empresariais, con formación complementaria en auditoría financeira ou tributación fiscal.

Dominio de Navision Financials.

Experiencia: mínima dun ano desenvolvendo funcións de contabilidade, liquidación de impostos, xestión de cobramentos e pagamentos, etc., dos que alomenos tres meses sexan dentro do sector sanitario.

Procedemento de selección: baremo do currículo (55%), probas psicotécnicas (25%) e entrevista persoal (20%).

Presentación de solicitudes:

Os interesados que cumpran os requisitos esixidos deberán remiti-lo seu currículo, indicando a referencia que se indica, no prazo improrrogable de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a: Instituto Galego de Medicina Técnica, praza Europa, 5A, 6º B (15703 Santiago de Compostela).

Deberá presentarse copia compulsada dos certificados de servicios prestados, dos diplomas acreditativos de cursos, e do título mínimo esixido.

Inicio das probas:

As probas non se realizarán antes dun mes desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996.

Íñigo Álvarez Canoa

Director xerente do Instituto Galego de Medicina

Técnica