Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2001 Páx. 1.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 12 de xaneiro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle promovido por Promocións Rúa Eirís, S.L., en Monte Martelo, 61, no referente a reaxuste de aliñacións, pero non no relativo á ordenación de volumes proposta, debendo eliminar do estudio de detalle o plano nº 6 relativo á sección de rúa.

Segundo.-Ordena-la publicación do presente acordo na forma legalmente prevista para que no prazo dun mes poidan presentarse as alegacións oportunas.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de planeamento, sita na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación satisfaraos o seu promotor.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo