Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2001 Páx. 1.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2001 das listas definitivas de admitidos das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de operadores de ordenador do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

Ó abeiro do disposto na base 4.2 e 5 da Resolución do 4 de setembro de 2000, do Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de operadores de ordenador, anúnciase que o director xeral deste centro, dictou Resolución do 19 de xaneiro de 2001, pola que declara aprobada a lista definitiva de admitidos de operadores de ordenador.

As ditas listas, así como a composición do tribunal nomeado para esta oposición, están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro, podendo ser consultadas, así mesmo, na seguinte dirección de Internet: http: // www.cixtec.es

Así mesmo, infórmase que a celebración do primeiro exercicio terá lugar o día 17 de febreiro de 2001 ás 11 horas no Instituto de Formación Profesional Superior das Fontiñas (fronte ó edificio da Policía Autonómica) na rúa Estocolmo 5, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2001.

Gonzalo Gómez Móntaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable