Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2001 Páx. 1.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 19 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00120-I-2000 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte o da publicación da presente cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa

resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela, no prazo dos quince días hábiles seguintes á firmeza das resolucións (firmeza que se producirá ó non interpoñeren recurso ordinario dentro do prazo), e de non facelo así procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).

Para que conste, e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00120-I-2000

Obstrucción

I01SSXU33259032

Benedicto Fernández Blanco

Ciudad Jardín, 3, s/n

36500 Lalín (Pontevedra)

Con data de rexistro de saída 25-1-2000 e con data de recepción do xustificante de recepción 31-1-2000, foi requirido B. Fernández Blanco para que no prazo de dez días remitise a esta Dirección Xeral de Transportes documentación relativa á actividade que realiza de transporte público cos vehículos matrículas PO-0098-AN e PO-6821-BF. Transcorrido o prazo sinalado, non se recibiu a documentación solicitada.

27-3-2000; 9.24.19

Artigo 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e artigo 19 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990250.000
DX-00143-I-2000

Obstrucción

LE90R0033251838

Ca.Fer.Ta., S.L.

Do Anxo, 2

152 A Coruña

Con data de rexistro de saída 31-1-2000 foi requirida a empresa Ca.Fer.Ta., S.L., para no prazo de 10 días remitise a esta subdirección xeral os discos-diagrama dos vehículos matrículas C-7421-AL e C-9687-AX, correspondentes ó mes de novembro de 1999, relación de conductores que prestaron os seus servicios nos vehículos durante o dito período de tempo, así como facturas emitidas polos portes realizados durante o dito período de tempo. Segundo o correspondente xustificante de recepción a recepción do requirimento tivo lugar o 7-2-2000. Transcorrido o prazo sinalado non se cumpriu co citado requirimento, o que constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección, impedíndolle o exercicio das súas funcións.

11-4-2000; 12

Artigo 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e artigo 19 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990250.000
DX-00200-I-2000

Obstrucción

LE9OR0033289433

J.M. Casas, S.L.

A Torre-Lérez, 65

36156 Pontevedra

Con data de rexistro de saída do 7 de marzo de 2000, foi requirida J.M. Casas, S.L., para que, no prazo de 10 días, remitise a esta subdirección xeral copia cotexada da factura emitida polo transporte realizado (terra) co vehículo da súa titularidade S-5123-N, o día 28-2-2000, segundo o correspondente xustificante de recepción, este requirimento tivo lugar o día 10 de marzo de 2000. Transcorrido o prazo sinalado non se cumpriu co citado requirimento, o que é constitutivo dunha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección.

15-5-2000; 13

Artigo 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31) e artigo 19 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990250.000