Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2001 Páx. 1.216

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2001 pola que se convoca unha Xornada sobre as leis de orzamentos xerais do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, e das súas respectivas leis de acompañamento, do ano 2001.

Dentro do Plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o 2001 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase unha Xornada sobre as leis de orzamentos xerais do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, y das súas respectivas leis de acompañamento, do ano 2001, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Afondar no coñecemento, desde unha vertente analítica e do subseguinte debate que pechará cada

unha das relatorias que se expoñan, do contido das normas lexislativas que encadran estas xornadas; disposicións que constitúen pezas esenciais da xestión administrativa.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-Os orzamentos xerais do Estado de 2001 e o seu encadramento nun contexto de estabilidade orzamentaria.

-Contido da Lei de orzamentos xerais do Estado e da Lei de medidas fiscais, administrativas e da orde social de 2001.

-O proxecto de Lei xeral de estabilidade orzamentaria: aspectos económicos e normativos.

-A evolución dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, con especial referencia ós orzamentos xerais de 2001.

-As leis de acompañamento dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. A Lei 5/2000, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: a xornada convocada desenvolverase no salón de actos da EGAP, (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela) o día 14 de febreiro de 2001.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o luns, día 12 de febreiro de 2001.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando por teléfono, o día 13 de febreiro, de 10 a 14.45 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39/44 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento da xornada, así como a de cancelala, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate desta xornada, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a ela, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

8. Retransmisión por Internet.

As persoas interesadas en segui-lo desenvolvemento desta xornada por Internet, poden facelo a través do seguinte enderezo: www.egap.xunta.es.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública