Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2001 Páx. 1.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de impacto ambiental da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 70/1994).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997 e polo Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental, Real decreto lei 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaracion de impacto ambiental das instalacións eléctricas que se citan:

Solicitante: Parque Eólico de Malpica, S.A.

Enderezo social: r/ Betanzos, nº 1, 1º Esqu., 15004 A Coruña.

Denominación: ampliación do parque eólico de Malpica.

Concellos afectados: Malpica (A Coruña).

Características técnicas:

-Potencia que se vai instalar (ampliación): 1,5 MW (total instalada 16,575 MW).

Coordenadas:

V: (X= 507.536; Y= 4.796.507).

V: (X= 509.480; Y= 4.796.534).

V: (X= 510.460; Y= 4.795.076).

V: (X= 509.223; Y= 4.793.522).

V: (X= 508.800; Y= 4.794.324).

V: (X= 507.488; Y= 4.795.310).

V: (X= 507.307; Y= 4.795.970).

-Dous aeroxeradores de 750 kW/ud. montados sobre fuste tubular metálico de 45,25 m de altura e rotores de 3 pas de 48 m de diámetro.

-Dous tranformadores, situados no interior dos fustes de 850 kVA e tensións de 0,69/20 kV.

-Modificación da rede eléctrica subterránea a 20 kV existente para interconecta-los dous novos aeroxeradores de media tensión en conductor R.H.Z. 1 de 150 mm.

O que se fai público para coñecemento xeral do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de trinta días contados desde o día seguinte á derradeira publicación desta resolución.

Así mesmo, o estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións da ampliación do parque

eólico de Malpica poderase examinar nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Medio Ambiente e de Industria e Comercio da Coruña e no Concello de Malpica, podendo presentar cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, dentro do prazo sinalado anteriormente.

A Coruña, 21 de decembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña